VIII edición do mellor descenso urbano de España: DHU Vila de Sarria





Modalidades: 

Esta fin de semana 13 e 14 de xullo terá lugar en Sarria (Lugo) o xa consolidado Descenso urbano de MTB, proclamado por moitos como o mellor urbano de España e recentemente premiado pola Federación Galega de Ciclismo como mellor evento do ano.

Máis de 60 voluntarios fan posible que se leve a cabo un despregamento digno de calquera mega evento no que se reparten máis de 100 estruturas de madeira, as cales farán posible o espectáculo de acrobacias e velocidade que caracterizan aos participantes deste deporte.

A capacidade hostaleira da Vila, case ao 100% da súa ocupación, advirte dunha afluencia similar a anteriores edicións ( máis de 6000 persoas).

Este ano, durante a xornada do sábado a partir das 09.30 da mañá terá lugar una das apostas máis fortes do club DH Galicia e a Federación Galega de Ciclismo por fomentar o deporte base coa celebración dunha versión mini para os máis pequenos , a cal forma parte da Mini DH Series Galicia, unha inciativa que está a ter gran acollida en todas as probas disputadas por todo o territorio galego.

O club DH Galicia agradece ao Concello de Sarria , a Deputación de Lugo e patrocinadores o apoio para levar a cabo esta edición do descenso urbano.