Vintecatro premiados na Gala do Ciclismo Galego polos seus resultados nos Opens e nas Copas de España





Tema: 

Os Opens e as Copas de España contaron no 2019 cunha sobranceira presenza de ciclistas galegos nos seus podios finais. Os vintecatro representantes da nosa terra clasificados entre os tres primeiros nas xerais destes certames recibirán un recoñecemento na Gala do Ciclismo Galego, que se celebra este sábado (19:30 horas) no Teatro Principal de Pontevedra. 

O Enduro acumula a cifra máis alta de galardóns. Foron seis os riders autonómicos que remataron entre os tres primeiros nos rankings do Open estatal. No resto de modalidades de BTT subirán ao escenario para recoller os seus diplomas catro especialistas en Descenso, tres en Cross Country Maratón e outros tres en Cross Country Olímpico. 

En canto ao Ciclismo Adaptado, Galicia pode presumir de ter logrado tres podios na última edición da Copa de España, mentres que o ano 2019 se pechou con cinco corredores da nosa comunidade no top-3 das súas categorías no certame de Ciclocrós. 

Adxúntase documento coa relación de premiados. 

Documentos: