Vitoria e liderado para Anxo Lorenzo na Transgalaica de Ames





Preto de 400 participantes tomaron a saída na mañá deste domingo no Concello de Ames para a disputa da segunda proba puntuable para a Transgalaica2020. Se na proba de Cotobade o resultado de Anxo Lorenzo (Louriña Cycling Team) puido supoñer unha sorpresa, o seu triunfo de hoxe non fai máis que corroborar que é un dos ciclistas máis en forma do momento.

Certo é que a rotura de cadea de Javi Busto facilitoulle a vitoria, pero o resto de corredores non llo puxeron nada fácil. Acompañáronlle no podio Manuel Piñeiro e Manuel Casuso, segundo e terceiro respectivamente na liña de meta.

Na categoría feminina, a mosense Susana Alonso (Extol MTB Team) impúxose claramente por diante de Isabel Picoaga e Ana M. González.

Por equipos nova vitoria de Extol MTB Team en rifado duelo co Burgas Bike Team e MTC Team. O Concello da Estrada acollerá a seguinte cita do circuíto nunha xornada organizada pola P. C. Bikestrada o próximo 22 de marzo.

Clasificacións

Fonte: Transgalaica