Viveiro será a primeira cita do Trofeo Astur-Cantabro-Galego de cadetes





Tema: 

O Gran Premio San Roque en Viveiro para cadetes será a primeira das catro citas do Trofeo Astur- Cantabro-Galego que organizan conxuntamente as tres Federacións da cordilleira cantábrica. A cita vivierense terá lugar o próximo dia 9 e confíase na masiva participación das escolas de equipos.

As probas darán comezo ás 11 coas escolas no alto do monte San Roque. Todas as categorias, promesas e principiantes darán voltas ao circuíto segundo categoría. A sesión de tarde será primeiro para os ciclistas junior e despois os cadetes. Ambos terán a saída e chegada no esixente alto do monte san roque.

O resto do calendario de competición deste Trofeo compóñeno as citas de San Benito en Igollo de Camargo (Cantabria) o 11 de xullo; o Gran Premio Tuilla en Langreo (Asturias) o 8 de agosto e finalizará un día despois na XV Subida á Cova na tamén localidade asturiana de San Roman Candamo. O obxectivo do Trofeo é estimular a participación e posta en común dos equipos destas Federacións e para iso realizan un importante desembolso en concepto de premios-axudas entre as formacións inscritas.