A Xunta concede a Evaristo Portela a Distinción ao Mérito Deportivo





Tema: 

A Xunta deu a coñecer a lista de 26 premiados coa distinción ao mérito deportivo de Galicia, e entre elas atópase o Director Deportivo do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Evaristo Portela. Estes galardóns entréganse a persoas e entidades que contribúen á excelencia do deporte na nosa comunidade.

Portela, leva toda unha vida dedicado ao deporte, primeiro como corredor especialmente destacado na modalidade de ciclocrós e desde hai 31 tempadas como dirixente do equipo pontevedrés, o segundo máis lonxevo do pelotón nacional co que gañou en sete ocasiones o ránking nacional na categoría elite e sub-23 así como o triunfo nas principais probas por etapas do calendario español.

A Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia entregará estas distincións ao mérito deportivo de Galicia, correspondentes á edición de 2018, nun acto que terá lugar no Auditoria Abanca de Santiago o vindeiro martes día 13.

O resto de premiados pola Xunta ao mérito deportivo son: Alberto Torreiro Santiso (atletismo), Alfonso Pazos Martínez (baloncesto), Cesáreo Rivera Pérez (fútbol), Conrado Durántez Curral (directivo COE), Francisco 'Pucho' Boedo Vázquez (judo), Guillermo González López (fútbol sala), Ismael Fabián Santos Rodríguez (baloncesto), Javier Álvarez Salgado (atletismo), Jesús Igrexas Rodríguez (tenis), José Ángel 'Pepe' Casal Fernández (baloncesto), José Fernández Alborés (tenis de mesa), José García Cabreros (fútbol e hóckey patíns), José Teixeira Alonso (atletismo), Juan Carlos Conde Silva ( kick boxing), Julia Estévez Mengotti (mestra de Educación Física), Luís Nogueira Fernández (atletismo), Manuel Losada Zon (xornalista deportivo), Mauricio Monteserín Gómez (remo), Natividade Astray Goicoechea (atletismo), Pablo Rodríguez Vázquez (ciclismo), Paulino Martínez Otero (balonmán), Teresa Martínez Cancelo ( hóckey patíns), Victorio Alonso Martínez (baloncesto) e o Colexio Manuel Peleteiro.