A Xunta lanza a campaña «Qué e metro e medio?»





Tema: 

 

Un metro e medio non só é a distancia mínima obrigatoria que deben deixar os condutores cando van adiantar a un ciclista, é tamén a garantía de non sufrir un accidente destes usuarios vulnerables das estradas e a diferenza, en moitos casos, entre a vida e a morte. «Que  é metro e medio?» é tamén o lema da nova campaña que a Consellería de  Infraestruturas lanza xunto coa Federación  Galega de Ciclismo.

No anuncio participan laureados deportistas galegos das dúas rodas, como Álvaro Piñeiro, Óscar  Pereiro, Irene  Trabazo, Eva Castro e  Ezequiel Mosquera. A campaña busca concienciar aos condutores da necesidade de deixar esta marxe de seguridade dun metro e medio, pero tamén aos ciclistas de que deben facerse ver na estrada. Por iso é polo que se vaian a repartir máis de 3.000 chalecos reflectores este ano, que se suman aos 1.600 que xa se distribuíron o ano pasado. A mensaxe que se busca enviar á sociedade é que a estrada é de todos e non só dos coches. A conselleira de  Infraestruturas, Ethel Vázquez, considera que o éxito desta campaña poderá medirse pola pegada que deixarán na sociedade á hora de  infundir conceptos como o respecto mutuo e a convivencia harmónica de todos os usuarios das estradas. «Ningunha campaña pode substituír ou respecto e a prudencia», sinalou. 

Preme eiqui para visualizar o spot: https://www.youtube.com/watch?v=7mZhefjER4M