Novas

A fin de semana de ciclocrós en Pontevedra ábrese con Paula Díaz e Saúl López triunfando na Copa Galicia





Co IV Ciclocrós Concello de Pontevedra deu inicio este sábado a fin de semana de bicicletas e barro na cidade do Lérez. A elite asturiana Paula Díaz (Río Miera) e o elite monfortino Saúl López (Maceda) foron os grandes triunfadores na sétima xornada puntuable da Copa Galicia, unha cita que serviu de antesala para a proba da Copa de España que se celebrará este domingo.


Xulio Conde recolleu o galardón de mellor adestrador nos Premios Deporte Galego





Recoñecemento ao seu traballo e a súa traxectoria para Xulio Conde. O responsable técnico da escola do Club Ciclista Maceda recibiu este xoves no Auditorio de Lalín o galardón como mellor adestrador nos Premios Deporte Galego. Estas distincións outorgadas pola Secretaría Xeral para o Deporte recoñeron os méritos deportivos no ano 2018.

A Federación Galega de Ciclismo quere transmitir os seus parabéns a Xulio Conde por este merecido premio. 

Tema: 

Isabel Castro cólgase en Bélxica a medalla de bronce no Mundial Máster de ciclocrós





Na localidade belga de Mol, na provincia de Amberes, Isabel Castro subiu este venres ao podio do Campionato do Mundo Máster de ciclocrós. A corredora do Condado Bike obtivo a terceira posición na categoría 50-54 anos. Oitava clasificada no 2018 neste mesmo escenario, a actual líder da Copa de España máster-50 exhibiu o gran nivel que leva amosando durante toda a temporada. 


Coidemos o Circuíto da Illa das Escultura. Respecta os horarios para adestrar





O circuíto da Illa das Esculturas gozará este domingo da Copa de España de Ciclocrós. Esta cita tamén é un test importante de cara ao vindeiro Campionato de España e para o soño de acoller no futuro a Copa do Mundo. Por iso, resulta fundamental que toda a familia do ciclocrós colabore para que o trazado se conserve nas mellores condicións e supere este exame. Respetemos os horarios marcados para os adestramentos. 

A organización estableceu a seguinte programación para rodar polo circuíto fóra da competición:

Sábado

Tema: 

Foto na licenza 2020





Desde as federacións autonómicas, co apoio da RFEC, vaise adoptar unha das últimas novidades recollidas na normativa UCI e que fai referencia ao deseño da licenza federativa: a licenza 2020 deberá ter unha fotografía do federado/a tipo carné impresa na propia tarxeta física.

Tema: