Novas

O Comité Técnico de Árbitros da FGC celebrou a súa reunión anual





Con motivo do inicio de tempada e a celebración da próxima Asemblea Xeral, o colectivo de xuíces-árbitros da Federación Galega de Ciclismo reuniuse esta maña no Hotel Congreso para analizar a pasada tempada e preparar entre outros temas: a Normativa Técnica 2019, revisión das taxas de arbitraxe e o novo formato de cobro.


O Aleata-Farto feminino debuta en competición tomando parte na Volta a Valencia





O equipo galego Aleata – Farto fará o seu debut histórico en competición tomando parte o domingo 10 de febreiro na Volta a Valencia, proba valedoira na UCI Women´s Team. O cadro profesional pontevedrés contará na súa primeira participación na máxima categoría do ciclismo en ruta, coas ciclistas Raquel Gisbert, Natalia Hortas, Katiuska García, Yamila Palacios, Diana Pedrosa e Jenyffer Pontes. Andrea Tomei, Ester Rubio e Cristina Bru parten como reservas.


A Deputación abre o prazo de solicitude de subvencións para clubes de Pontevedra





A Deputación de Pontevedra publicou as bases de subvencións para os clubs deportivos de Pontevedra que participen en competicións federadas en 2019.

A covocatoria esta destinada os clubs federados que teñan un equipo participante en categoría senior. Dun orzamento global de 775.000 euros, o ciclismo conta cunha partida de 70.000 euros cun máximo de 18000 euros por entidade.

As solicitudes presentaranse por vía telemática a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra e os clubs terán ata o próximo 9 de marzo.

 

Tema: 

Posta de largo do Vigo Rías Baixas





O Vigo-Rías Baixas subiu o pano do seu proxecto cara ao 2019. Ante un abarrotado salón de actos, a entidade que preside José Luis Chamorro presentou ao seu renovado persoal para a tempada 2019. Quince corredores incorporáronse a esta conxunto Elite e  Sub23 que baixo a súa nova denominación marcouse como primeiro obxectivo do curso brillar na Copa de España.


O Aluminios Cortizo afronta o 2019 cun equipo renovado





O novo proxecto do Club Ciclista Padronés, na que será xa a súa 63ª tempada nas estradas, ponse en marcha este venres coa celebración da presentación oficial dos seus equipos das diferentes categorías. O acto, que comezará a partir das 20.30 horas no auditorio do Centro Social de Padrón, servirá para ver por primeira vez a todo o equipo xunto coas cores do club para a nova tempada 2019.