Novas

Trío de galegos no pelotón da 81ª Volta a Portugal





O gañador da xeral no 2014 e no 2015 Gustavo César Veloso (W52-F.C. Porto), o vencedor no 2013 Alejandro Marque (Sporting-Tavira) e o debutante Cristian Mota (Mirando Mortagua) compoñen o trío de representantes galegos no pelotón da Volta a Portugal que arranca este mércores 31 de xullo en Viseu.


Pablo Rodríguez foi o mellor elite español no XCO do Campionato de Europa





Pablo Rodríguez concluíu 19° no Europeo de Brno (República Checa) de cross country olímpico (XCO) tras protagonizar unha actuación de menos a máis, na que Mathieu Van der Poel foi o gran protagonista. O neerlandés foise ao chan no xiro inicial, pero iso non lle impediu conquistar o título continental elite exhibición mediante.


A Xunta e a FGC entregaron en Noia 120 prendas reflectantes dentro da campaña #EuFágomeVer





A Xunta e a Federación Galega de Ciclismo fixeron entregaron o pasado sábado en Noia de 120 prendas reflectantes a deportistas e peóns no marco da campaña #EuFágomeVer, destinada a reforzar a seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables das estradas. No acto participaron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.


Nova colección #EuFágomeVer na Tenda Oficial da FGC





A campaña de seguridade #EuFágomeVer aposta pola cor flúor na nova colección 2019 de prendas confeccionadas pola firma OttoBosley. Estes maillots, culottes, chalecos e calcetíns buscan aumentar a visibilidade dos ciclistas e xa están dispoñibles na Tenda Oficial da Federación Galega de Ciclismo.

A calidade dos deseños é tope de gama dentro do catálago de OttoBosley. As prendas #EuFágomeVer pertencen á liña Modena, garantía de confort e axuste perfecto ao corpo.

Tema: 

Jaime Rivas, Rubén Fernández, Alfonso Fernández e Manuel Prieto vístense como campións galegos Máster no 'Muro de Tui'





Os títulos autonómicos Máster de fondo en estrada decidíronse este domingo nun final digno dunha clásica das Ardenas. Rubén Fernández venceu en solitario no 'Muro de Tui', a explosiva subida na que remataron os 80 quilómetros con saída e chegada na vila tudense. O máster-40 do Norinver compartiu podio cos novos campións das outras tres categorías: o máster-30 Juan Rivas (Noela), o máster-50 Alfonso Fernández (Orensano) e o máster-60 Manuel Prieto (Norinver).