Novas

Lara Lois e Saúl López revalidan en Ares os seus títulos galegos de XCO





As coroas de reis do cross country olímpico (XCO) autonómico non cambian de propietarios. Lara Lois (Extol–La Gramola Team) e Saúl López (Academia Postal – Maceda) revalidaron os seus títulos no Campionato de Galicia celebrado este xoves no circuíto de Montefaro (Ares). A grovense e o monfortino impuxéronse nas carreiras Elite e Sub23 dunha xornada pasada por auga.


A campaña 'Eu Fágome Ver' chega este sábado a Noia





Co obxecto de impulsar o uso de pezas de alta visibilidade entre os ciclistas para mellorar a súa visibilidade ante os demais condutores de vehículos, a campaña de seguridade 'Eu Fágome Ver' repartirá chalecos retroreflectantes, doados pola Xunta de Galicia, este sábado 27 de xullo no municipio coruñés de Noia.


O XCO galego festexa o 25 de xullo co seu campionato en Ares





Douscentos bikers celebrarán este xoves a festividade do 25 de xullo pugnando polos maillots de campións galegos de cross country olímpico (XCO). Montefaro, no concello coruñés de Ares, será o escenario desta cita que chega días despois do Campionato de España disputado en Navarra e onde a Selección de Galicia acadou tres medallas, entre elas, o ouro na proba Team Relay. No colofón da temporada o XCO galego ten motivos para festexar. 


A selección española convoca a Pablo Rodríguez e Carlos Canal para o Europeo de Brno





Dous ourensáns defenderán a camisola de España esta semana no Campionato de Europa XCO/XCE/TR de Brno (República Checa), que se disputa dende o xoves ata o domingo. O elite Pablo Rodríguez e o júnior Carlos Canal aparecen na convocatoria do combinado estatal dirixido por Cristóbal Sánchez.

O macedano Rodríguez (Primaflor) compartirá equipo con David Valero, Carlos Coloma e Sergio Mantecón na proba raíña masculina que se celebrará o domingo ás 15:00 horas.