Novas

Calendario de Ciclocrós na web





Dado que no Menú Calendario non saen actualizadas as probas de Ciclocrós do mes de decembro, por mor de que as competicións de carácter estatal deben ser validadas pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e trátase dun proceso máis longo, deixamos ligazón directa (http://www.fgalegaciclismo.es

Tema: 

Os Campionatos de Galicia 2020 poden solicitarse ata o 13 de novembro





Continúa aberto o prazo para solicitar os Campionatos de Galicia 2020, tanto de Estrada como de BTT. Os clubs interesados en organizar algunha destas citas deben remitir o formulario cuberto antes do mércores 13 de novembro.

Adxuntamos a seguinte documentación para solicitar a organización dos Campionatos de Galicia 2020:

- Prego de Condicións Estrada
- Prego de Condicións BTT
- Cadro de datas (actualizado)
- Formularios solicitudes

Tema: 

Aberto o prazo para solicitar o certificado de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel)





Xa está aberto o último procedemento deste ano para solicitar o recoñecemento da condición de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel):

Requisitos

a) Ter veciñanza administrativa en Galicia no momento da solicitude de recoñecemento e durante o goce dos beneficios derivados da mesma.

b) Ter máis de 16 anos na data na que se adopte a resolución de recoñecemento.

Tema: 

Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais





O Concello de Vigo pon en marcha a convocatoria de “Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais”. 

Estas axudas van destinadas ao fomento da práctica deportiva e teñen coma  finalidade a aposta polo deporte de base da cidade e o apoio as disciplinas nas que prima a competición individual.

Adxúntanse as bases e a documentación necesaria para a súa presentación na sede da Fundación VIDE ata o día  18 de novembro de 2019.

 

Tema: 

As Reunións Técnicas comezan este mércores coa de Mini DH e BTT-DH





Co fin de facer balance da temporada 2019 e presentar propostas de cara o ano 2020, a Federación Galega de Ciclismo programa para o mes de novembro as seguintes reunións técnicas de Estrada e BTT:

Reunión de Mini DH e BTT-DH: Mércores, 6 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo

Reunión de clubes organizadores de BTT-Enduro:  Luns, 11 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo  

Tema: