Novas

Toyota Compostela Móvil, concesionario oficial do Trofeo da Ascensión e da Volta ciclista á Provincia da Coruña





Os Toyota Híbrido formarán parte da caravana do Trofeo da Ascensión Cidade de Santiago e da Volta ciclista á Provincia da Coruña. Compostela Móvil, en Milladoiro (Santiago) será o concesionario oficial destas dúas probas elite e sub23

 

Para máis información http://www.compostelamovil.toyota.es/

Tema: 

Artio Atlantic Isotonic, bebida oficial da XVIII Volta ciclista á Provincia da Coruña





Este venres ponse en marcha a XVIII edición da Volta á provincia da Coruña cunha firma galega encargándose da hidratación dos corredores. Artio Atlatic Isotonic, elaborada con auga do mar de Galicia, é a bebida oficial desta rolda elite e sub23

 

Para máis información visita https://artiosport.com/

Tema: 

Información Procedemento DGAN 2019





Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN). 

As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática, cubrirase o Anexo I, e achegarase o Anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia, debedes dispoñer do código de activación da Chave365 ou DNI electrónico con sinatura dixital.

Tema: 

Martín Rey vence en Carballo e Alexandre García continúa líder da Copa Galicia Cadete





A segunda proba puntuable da Copa Galicia Cadete de estrada resolveuse cun ataque en solitario. Martín Rey (Aluminios Cortizo) impúxose o pasado sábado no Trofeo Concello de Carballo con 34 segundos de vantaxe sobre o pelotón. Ao fronte do gran grupo entrou Alexandre García (Redondela Il Piccolo), que conserva o liderado conquistado en Boiro. 


Punzón reforza o seu liderado da Copa Galicia XCO en Cambre





Na proba decana do calendario autonómico o actual líder da Copa Galicia XCO confirmou o seu dominio. O elite Jorge Punzón (Cosmos) venceu este sábado na XIX edición do Gran Premio Concello de Cambre BTT. A cita celebrada na 'catedral' do cross country olímpico galego contou coa presenza de 129 bikers.