Novas

O VigoBikeContest adíase para o 18 de outubro





O Enduro do VigoBikeContest non se celebrará o 1 de marzo. O organizador Singletrack Outdoor Sports, C. comunica que "nos vemos obrigados a pasar a proba para o 18 de outubro do 2020. Diversos motivos leváronnos a tomar a decisión de pospoñer a data do evento para poder facelo nas condicións que nós desexamos. Desculpade as molestias e vémonos en outubro!".

Tema: 

O circuíto Transgalaica 2020 arranca o domingo en Carballedo con máis de 400 participantes





Carballedo reunirá este domingo, 23 de febreiro, a máis de 400 ciclistas na proba inaugural do circuíto de probas de BTT Cross Country Maratón (XCM) Transgalaica 2020. Esta estimación de participación deuse a coñecer este martes na presentación oficial da competición, que tivo lugar na Praza da Chan e que contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Bruno Portela; do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e de Javier Sánchez, en representación de Team Relay, entidade organizadora da proba.


Os gañadores dos Rankings FGC serán galardoados o 29 de febreiro na Gala do Ciclismo Galego





Na súa gran festa anual o ciclismo galego coroará aos mellores nas probas do calendario autonómico durante 2019. Máis de 60 corredores recibirán o seu recoñecemento como vencedores dos Rankings da Federación Galega de Ciclismo (FGC) na Gala que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra o sábado 29 de febreiro a partir das 19:30 horas. 

Tema: 

Marque e Sánchez rodarán desde este mércores no pelotón da Volta ao Algarve





Con 25 equipos dándose cita na liña de saída, doce deles do World Tour, a Volta ao Algarve ponse en marcha este mércores con dous corredores galegos defendendo as cores de formacións continentais portuguesas: Alejandro Marque (Atum general/Tavira/Maria Nova Hotel) e Ángel Sánchez (Miranda-Mortágua).


Curso de Director Deportivo do Nivel 2





A Federación Andaluza de Ciclismo convoca un curso de Entrenador Deportivo de Ciclismo Nivel 2 ao que poden inscribirse todos aqueles interesad@s que cumpran cos requisitos esixidos. 

A formación presencial en Antequera, o sábado 7 de marzo, NON É OBRIGATORIA.