¿Queres ser Xuíz Árbitro?

¿GUSTARÍACHE SER XUÍZ ÁRBITRO DE CICLISMO?

Se che gusta este deporte, convidámosche a coñecelo dende outra perspectiva diferente, a do arbitraxe.

Experimenta a outra cara do ciclismo! Solo terás que solicitar a túa licencia de Aspirante a Xuiz Árbitro para comezar a asistir a aquelas probas nas que sexas designado. Durante o primeiro ano, como aspirante, irás como apoio arbitral ás probas para que vaias adquirindo experiencia e coñecendo os pormenores da labor arbitral.

Unha vez rematado o periodo de aprendizaxe de un ano, como mínimo, se te ves preparado/a e decidido/a a acreditarte oficialmente como membro do Comité Técnico de Árbitros (CTA), poderás acceder aos cursos de preparación para superar o exame de Xuiz Árbitro Autonómico. Máis adiante, poderás ir ascendendo, obtendo a categoría de Xuiz Nacional, Nacional Élite ou Internacional.

 

¿Cales son os requisitos que debo cumplir?

Debes ter entre 16 e 45 anos, unhas nocións mínimas sobre ciclismo e dominio da informática a nivel usuario. Ademáis deberás ter disponibilidade durante algúns fins de semana ao longo do ano.

 

¿Que representa un árbitro?

Un árbitro de ciclismo é o responsable de velar polo correcto desenrolo deportivo das probas ciclistas, cumplindo co establecido na Normativa Técnica da RFEC e da UCI, as cales deberá coñecer para poder aplicalo no exercicio das súas funcións.

 

¿Cales son as ventaxas de ser árbitro?

Disfrutarás deste deporte de forma activa como membro do equipo arbitral, respaldado por un seguro de accidente deportivo e outro de responsabilidade civil. Superado o exame, entras a formar parte do CTA e recibirás unha compensación económica por cada proba á que asistas, que dependerá das tarifas aprobadas polo órgano competente. Os desprazamentos tamén correrán a cargo do CTA-FGC. Durante o período como Aspirante a Xuiz Árbitro a compensación económica que recibirás será do 50%.

Si estás interesado en formarte como árbitro e vivir esta experiencia envíanos os teus datos á dirección de correo cta@fgalegaciclismo.es .