6 Xuño, A derradeira tirada da Volta a Coruña veu marcada polo número tres

O triunfador do día foi o coruñés do Caja Rural Pablo Torres, capaz e manter a camisola de líder pese ós ataque dos dous últimos días, gracias a un grande traballo dos seus compañeiros e un bo control realizado da proba polo cambrés en todo momento. Tanto que non dubidou en erguer os brazos na liña de meta na que moitos amigos e familiares gozaron do seu triunfo. O vencedor desta IX Volta á provincia da Coruña recibiu a camisola amarela que o acredita como gañador definitivo e que representará a lembranza destas xornadas no seu palmarés, de mans do deputado provincial da Coruña, D. Bernardino Rama. Tódolos triunfadores desta fin de semana foron despedidos cunha merecida e pechada ovación coa que se puxo fin a tres días de competición polas estradas da provincia da Coruña.

Ese era a xornada en disputa e eses foron os corredores que marcaron a intensa mañá de competición. Alejandro Paleo (Cidade de Lugo), Michael Torckler (Azysa) e Garmendia (Bidelan) atacaron dende o bandeirazo de saída e entre eles repartiron todos os puntos da xornada, tanto nas metas voantes como na montaña. Ó grupo de tres uníronse, sete kilómetros despois, David González do Azysa e Salmerón do Cidade de Lugo, pero só o primeiro foi capaz de conseguir algo, unha morea de puntos, do que estaba en xogo antes da victoria final. O segundo nin sequera soportou o ritmo do grupo de cabeza, que tivo unha máxima diferencia de 3’40’’. Torckler foi por elo durante moitos kilómetros, e con solvencia, líder virtual da proba, algo que non permitiu de xeito definitivo o traballo do equipo do líder. Os navarros do Caja Rural pasaron un momento de dificultade coa picada do portador da camisola amarela, Pablo Torres, o que esixiu un esforzo suplementario que non acabaron pagando nos últimos kilómetros. O primeiro en pasar polos tres portos da xornada e as dúas metas voantes (en Sigüeiro e Arzúa) foi o vivariense Alejandro Paleo, que cos puntos acumulados conqueriu nunha soa xornada dúas das camisolas importantes nunha Volta, a de líder da montaña e a o do ciclista máis destacado nos sprints intermedios. No kilómetro cen, a piques de ser neutralizados, enlazan con eles Pais, Oliveira e Van Dijk e continúa fuxida durante sete kilómetros máis ata o fin da historia dos tres primeiros protagonistas do día.
O segundo actor principal da xonada foi Israel Pérez (Extremadura) que xunto con Alejandro Cobo (Bidelán) marchou do pelotón no kilómetro 119, a catorce da última liña. Tras dez traballando como parella, a forza do corredor do Spiuk permitiulle chegar en solitario a Sigüeiro despois de catro kilómetros de traballo contra un grupo que non deixou de controlar en ningún momento o equipo do líder, e de non perder ritmo nuns duros últimos metros cun repeito que moitos temían puidese decidir, por poucos segundos, a clasifiacición xeral da proba.
O terceiro, pero por suposto, grande triunfador do día foi o coruñés do Caja Rural Pablo Torres, capaz e manter a camisola de líder pese ós ataque dos dous últimos días, gracias a un grande traballo dos seus compañeiros e un bo control realizado da proba polo cambrés en todo momento. Tanto que non dubidou en erguer os brazos na liña de meta na que moitos amigos e familiares gozaron do seu triunfo. O vencedor desta IX Volta á provincia da Coruña recibiu a camisola amarela que o acredita como gañador definitivo e que representará a lembranza destas xornadas no seu palmarés, de mans do deputado provincial da Coruña, D. Bernardino Rama. Tódolos triunfadores desta fin de semana foron despedidos cunha merecida e pechada ovación coa que se puxo fin a tres días de competición polas estradas da provincia da Coruña.

5 Xuño, O MADRILEÑO RUBEN SANCHEZ (SPOL-CAIXANOVA) GAÑOU EN CEE E PABLO TORRES (CAJA RURAL) MANTEN O LIDERATO NA IX-VOLTA A PROVINCIA DE A CORUÑA

O ciclista madrileño do Spol-Caixanova, Rubén Sánchez acadou hoxe a victoria na segunda etapa da IX-Volta ciclista a Provincia de A Coruña que se disputou con saida e chegada en Cee sobre una distancia de 143 kilómetros.

95 foron os ciclistas que disputaron unha etapa na que o alto de Paxareiras, de segunda categoría, semellaba o xuiz dunha xornada na que os corredores ofreceron un grande espectáculo. A etapa inicióuse cun lixeiro orballo que non foi obstáculo para que no kilómetro 10 formárase a primeira escapada do día a cargo de Iago Medín (Vigués-Chint), Víctor Holgado (Extremadura), Mohamed Méndez (Caja Rural),Mikel Elorza (Bidelán), Alexandre Paleo e Edgar Nohales (Cidade de Lugo) e Casimiro Oliveira (Maia).

Rápidamente contaron cunha aventaxe de trinta segundos, e  como consecuencia dos ataques entre eles o grupo cabeceiro quedou reducido a catro ciclistas, Holgado, Méndez, Elorza e Paleo que pasaron por este orden pola meta voante de Cee, situada no kilómetro 43, con 1 ‘ e 8 “ de aventaxe sobre o pelotón.

Logo de Ezaro, o panameño Méndez e o viveirense Paleo quedaron sós na cabeza e xuntos comenzaron a ascensión de Paxareiras. Por atrás, Elorza frecibiu a a axuda de Israel Pérez (Extremadura) e David Belda (Valencia) e no cumio do porto o panameño Méndez conseguiu descolgar a Paleo que era alcanzado polos tres perseguidores e pasou primeiro cunha aventaxe de 1’ e  5” sobre un Paleo, Pérez e Belda en tanto que Elorza  xa era alcanzado por un grupo de outros seis ciclistas que pasaban a 2’ e 20 “ e a 2 ‘ e 50 “ pasaba o pelotón de líder.

No descenso de Paxareiras, o panameño Méndez era alcanzado por Paleo, Belda e  Israel Pérez  que pasaron pola meta voante de Carnota, Kilómetro 96, cunha aventaxe de 32 segundos sobre un grupo formado por David González ( Azysa), Alejandro Cobo, Jon Gárate, Mikel Elorza (Bidelán), Iago Medín (Vigués-chint), Fernández Reviejo(Caja Rural) e Juan Mourón (Cidade de Lugo) e a un minuto xa pasaba un pelotón do que tiraban fortemente os ciclistas do equipo do líder, Caja Rural, xunto cos do Super Froiz e Andalucía.

No kilómetro 104 uníronse os dous grupos cabeceiros polo que a escapada estaba composta por once ciclistas que, sete kilómetros despois, en Ezaro eran alcanzados polo pelotón.

Os últimos 30 kilómetros da etapa foron moi vibrantes destacando o novo intento do alacantino David Belda (Valencia-Guerola) que coronou en solitario o alto do Hospital pero era alcanzado no descenso por un pelotón de 20 ciclistas que parecía que ía disputar a victoria da etapa o sprint.
Pero a falta de cinco kilómetros o madrileño do Spol-Caixanova, Rubén Sánchez, tentou a fuga e conseguiu sorprender ó pelotón entrando na liña de meta de Cee cunha distancia de catro segundos sobre o albaceteño do Super Froiz, José Esteban Parra, e o galego Aser Estévez que deron tempo o pelotón do líder que compoñían 17  ciclistas.

A IX-Volta á provincia de A Coruña rematará mañá coa disputa da terceira e última etapa que comenzará as 10 da mañá na avenida de Grabanxa de Sigüeiro e rematará entre as 13.15 horas e as 13.45 horas, logo de 133 kilçometros, no que os corredores deberán pasar por Santiago,San marcos, Labacolla, Sigüeiro, Alto de Fonte Santaia, Ponte Carreira, Alto de Fonte de Castro, Alto de Boimorto, Arzúa, Alto de Bosende, Ordes e Sigüeiro.

A emoción vai estar asegurada ata o último kilómetro xa que o coruñés Pablo Torres vai defender a súa camisola de líder co mesmo tempo que o segundo clasificado, Antonio Olmo e os dez primeiros ciclistas da xeral están separados por só un minuto

 

DECLARACIONES PROTAGONISTAS DA IX-VOLTA CICLISTA A PROVINCIA DE A CORUÑA

SEGUNDA ETAPA

Rubén Sánchez, corredor del CC Spol Caixanova de ascendencia gallega, ganador de la segunda etapa de la Volta á Coruña:

“Acabé el año pasado en Valladolid, comencé este año corriendo por libre y Horacio me ha dado una oportunidad hace un mes que hoy ha dado sus frutos. Fui a buscar un punto en la primera meta volante que era en la línea de meta y ya me hice una idea del recorrido para el final. Como en el grupo de cabeza el resto estaban pendientes de la general y yo tenía margen, aproveché y me sonrió la surte”

Mohamed Méndez, corredor panameño del Caja Rural, nuevo líder de la montaña: “El objetivo hoy era hacer trabajar a otros equipos con intereses sin que peligrase el liderato de Pablo o si cogía margen, conseguirlo yo. Ahora también nos interesa la montaña, pero lo fundamental mañana es mantener el maillot amarillo. El terreno en Galicia es bonito y agradable, pero duro, una montaña que a mi me gusta y que permite dar espectáculo que es lo fundamental en este deporte”

Pablo Torres, corredor coruñés del Caja Rural líder de la Volta á Coruña: “La etapa fue muy dura porque me ataron mucho en el último puerto. Le agradezco al equipo el apoyo. Ahora parece fácil pero quedan 133 kilómetros y los que están detrás van a dar guerra. Si no gano la culpa será mía no del equipo. Normalmente las Voltas no se me dan bien, pero ir líder tras dos etapas y ver que voy excelentemente me refuerza la moral para mañana. Los equipos que más me preocupan son Acysa y Extremadura porque creo que Olmo se guardó todo para la última etapa”

Horacio Barros, director deportivo del CC Spol Caixanova: “Nas outras Voltas non se deron ben as etaps nin as clasificacións xerais, pero aquí xa cumprimos e estamos moi satisfeitos, ademáis por ter sido en Cee, onde estiven moitas veces nas carreiras que organizaba o cura, Don Andrés Rodríguez Arjomil, presidente del club. Hai que felicitar a Mohamed y a Belda que estiveron todo o día fuxidos. Cando lle ía pedir a Rubén que axudase a Aser, xa non me dou tempo, saltou do grupo e gañou. Ímos celebralo con moderación que isto índa non acabou. Maña será outra etapa épica porque están todos en moi poucos segundos, pero hai un gran líder cun grande equipo.”

Ramón Vigo, alcalde de Cee: “Estoy muy satisfecho porque hace veinte años había pruebas en las que participaban algunos clubes que hoy están aquí. Estamos encantados de acoger este espectáculo que gusta a todo el mundo y esperamos poder repetir en el futuro. El ciclismo es un deporte muy duro, digno de admirar, que merece el apoyo del público y se ha demostrado que aquí lo tienen”

CURIOSIDADES DA IX-VOLTA CICLISTA A PROVINCIA DE A CORUÑA

SEGUNDA ETAPA

Casi una veintena de triunfos parciales o totales acumulan parte de los corredores que están participando en la IX Volta á Provincia da Coruña. Buscando en la lista de inscritos hay que detenerse ya en el dorsal número 1 Eloy Ruiz (Andalucía Caja Sur) vencedor este año de los Tres Días de Álava. También son recientes las victorias de etapa en el Cinturón de Cantabria y la Vuelta a Castellón del corredor levantino David Belda (Gerola Valencia Terra i Mar), ganador además de la Vuelta a León 2009. La de Segovia de ese mismo año fue para el ruso enrolado en las filas del Caja Rural Alexander Ryabkin, que está recorriendo estos días las carreteras de A Coruña junto a su compañero de equipo Mohamed Méndez, campeón de Panamá de contrarreloj.
Son también varios los campeones autonómicos y provinciales que están participando en la Volta. El título élite en Extremadura se lo llevó Israel Pérez del Spiuk, mientras que Jon Gárate (Bidelán) es el mejor de esta categoría en Guipuzcoa, una provincia de la que también es capeón en categoría sub-23 su coequipier Ander Arandia. Ese mismo título en la Comunidad de Madrid lo ostenta David González (Azysa).
Por las carreteras gallegas también están rodando el vencedor de la Copa de España Élite 2009 Antonio Olmo, y por supuesto, alguno de los ciclistas más laureados de la comunidad en los últimos años: Enrique Salgueiro (Spiuk) vencedor del Tour de Los Pirineos 2006 y de la Montaña Central y la Volta a Galicia el pasado año; el triunfador en la Volta a Coruña 2007 y vencedor este año de la segunda etapa de la Volta a Galicia Santiago – Ferrol Alejandro Paleo (Cidade de Lugo) y el vigente Campeón de España Sub-23 de Contrarreloj, el guardés del Club Ciclista Spol Caixanova Aser Estévez.
Mañana conoceremos si alguno de ellos aumenta su palmarés o tenemos que añadir un nuevo corredor a este elenco de triunfadores que están participando en la IX Volta á Coruña.

4 Xuño, O CORUÑES PABLO TORRES (CAJA RURAL) É O PRIMEIRO LIDER DA IX-VOLTA CICLISTA A PROVINCIA DE A CORUÑA

104 ciclistas, representando a 15 equipos (6 galegos, 7 nacionais e 2 portugueses),iniciaron as duas da tarde de hoxe, venres, en Negreira, a IX-Volta á provincia de A Coruña, coa disputa dunha primeira etapa que tiña 133 kilómetros e na que os corredores deberon superar catro portos puntuables para o premio de montaña.

A xornada inicióuse con nubes e os ciclistas deberon superar uns primeiros kilómetros con alguna auga que deu paso a un bó final climatolóxica e deportivamente falando. Como é habitual na categoría elite e sub-23 tardou poucos kilómetros en formarse a primeira fuga da xornada, protagonizada polo extremeño Víctor Holgado e o portugués Fabio Silvestre, que pasaron por este orden a meta voante da Santa Comba (kilómetro 21 de etapa), cunha diferencia de catorce segundos sobre o pelotón perseguidor. Logo de seren alcanzados, e na subida ó primeiro premio da montaña da xornada, o alto do Castelo, distanciáronse o portugués Marcos Coelho e o vallisoletano Edgar Nohales (Cidade de Lugo)e o luso Casimiro Oliveira, que foron de novo neutralizados no descenso.
No kilómetro 40 da xornada formóuse a primeira escapada importante da Volta a a Coruña protagonizada por 19 ciclistas, sendo o Caja Rural navarro ó equipo máis representado con catro corredores entre os que xa estaba o coruñés Pablo Torres. Na sua persecución, saltaron do pelotón 15 ciclistas máis, que chegaron a alcanzar os cabeceiros, formando unha escapada de 34 pedalistas que chegou a contar cunha renta de 2 minutos e 5 segundos sobre o pelotón perseguidor no kilómetro 61 da xornada.
Na subida ó alto de Anxeriz, kilómetro 78, Pablo Torres foi o primeiro dun grupo cabeceiro que ía perdendo aventaxe sobre o pelotón perseguidor,que conseguiu alcanzar os escapados nas portas de Portomouro, segunda meta voante da xornada (kilómetro 89), momento en que se volveu a formar una escapada composta por Eloy Ruiz (Andalucía), David Belda(Valencia), Rubén Sánchez (Caixanova), Jon Gárate (Bidelán), Alexander Rybakin(Caja Rural) e Amaro Antunes (Liberty Seguros) que chegaron a ter 50 segundos de renda sobre o pelotón no kilómetro 95 da etapa, para voltar a ser reintegrados ó grupo 7 kilómetros máis tarde, momento que aproveitou o alacantino David Belda para atacar levándose a súa roda ó neozelandés do Azysa, Michael Toecler que coronaron o alto de Ventosela( kilómetro 100) cunha diferencia de 50 segundos sobre un grupo perseguidor de cinco corredores.
Os sete homes de cabeza uníronse na subida o alto de Mourentáns, a só oito kilómetros da meta,por onde o madrileño do Froiz, Antonio Cobos pasou primeiro por diante de  Antonio Olmo (Extremadura) ,Pablo Torres (Caja Rural), Michael Toeckler (Azysa) e Jon Gárate (Bidelán) en tanto que Belda ía acusando o esforzo realizado nos kilómetros anteriores. No descenso, Torres atacou e só o andaluz do Extremadura Olmo foi quen de seguir a súa ronda, chegando os dous destacados a liña de meta onde o coruñés superou a Olmo acadando catro segundos de aventaxe sobre o madrileño do Froiz Antonio Cobos e cinco segundos sobre Jon Garate e Michael Toecler. 

Mañá, sábado, terá lugar a segunda etapa da proba, con saida na avenida Alcalde Pepe Sánchez de Cee as dúas da tarde, logo do control de firmas que se realizará desde as 13.15 ás 13.45 horas e chegada prevista entre as 17.30 e 18.00 horas tras percorrer 143 kilómetros por Agreiras, Os Muiños,Cee (meta voante), Ezaro, Paxareiras (premio de montaña de segunda categoría), Muros, Carnota (meta voante), Ezaro,  Alto do Hospital (terceira categoría), Dumbría e Cee.

A xuicio de Guillermo Sande, director técnico da competición “ e una xornada que vai estar marcada pola subida das Paxareiras, ainda hai poucas diferenzas entre os ciclistas e presumimos una etapa movida na que o vento, de aparecer, pode ser un factor decisivo. Agardamos de novo moita loita na volta do ciclismo ás terras da comarca da Costa da Morte “.

 

CURIOSIDADES DA IX-VOLTA CICLISTA A PROVINCIA DE A CORUÑA

CICLISTAS DE DOCE NACIONALIDADES FORMAN O PELOTON DA COMPETICION

  Entre os 104 ciclistas, representando ós 15 equipos que forman o pelotón da Volta á provincia de A Coruña, atópanse representantes de 12 nacionalidades. Obviamente, os españois son os más representados cun total de 79, dos que 29 son galegos. Séguenlle os portugueses con 14 ciclistas, e xa á máis distancia Arxentina con dous representantes, e Sudáfrica, Panamá, Israel, Nova Zelanda, Uruguay, Holanda, Colombia, Rusia e Venezuela teñen cadanseu participante.

 

 A VOLTA ATRAVESA MAIS DE VINTE CONCELLOS

  O Longo dos máis de 400 kilómetros que van percorrer os ciclistas nos tres días de competición da proba, o pelotón vai percorrer máis de 20 concellos da xeografía coruñesa, xa que ademáis de Negreira, Cee e Oroso que albergan o principio e final de cada una das etapas,a proba transitará por Santa Comba, Carballo, Ames, Santiago, Rois, Corcubión, Muros, Carnota, Ordes, Dumbría, O Pino ou Trazo.

3 Xuño ,A IX Volta Ciclista a Provincia da Coruña comeza mañá en Negreir
A IX Volta Ciclista a Provincia da Coruña comeza mañá en Negreira

Logo da verificación de licencias e da asingación dos dorsais aos corredores, xa está todo preparado para que mañá en Negreira se den cita os 105 participantes na liña de saída de Negreira sitúada na rúa Castelao.

As 12:30 procederase a presentación de equipos, para dar a saída as 13:00

 

 

 

 

2 Xuño, 105 CICLISTAS DISPUTARAN A IX-VOLTA A PROVINCIA DE A CORUÑA ENTRE OS DIAS 4 E 6 DE XUÑO. A proba comenzará en Negreira e terá etapas en Cee e Sigueiro

A Federación Galega de Ciclismo e a Deputación de A Coruña presentaron esta mañá a IX Volta ciclista a Provincia de A Coruña que se desenvolverá entre o venres, 4 de xuño, e o domingo, 6 de xuño, para as categorías elite e sub-23 e na que participarán 105 ciclistas distribuídos en 15 equipos, 6 galegos, 7 doutros puntos de España e 2 portugueses.

No acto, o deputado de deportes do organismo provincial, Xosé García Liñares salientou “ o esforzo que realizou a Federación Galega de Ciclismo para sacar adiante esta proba malia o momento económico en que estamos a vivir. A volta vaise celebrar nos concellos de Negreira,Cee e Oroso e desde a Deputación queremos seguir apostando para que esta competición se siga a disputar ano a ano”.

 Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo Sóñora destacou que “ a Federación non podía permitirse o luxo de que esta proba se deixase de celebrar e asumimos o reto de sacala adiante pese o recorte da axuda institucional, a proba posiblemente arroxe números vermellos pero nós entendemos que o ciclismo ten que seguir realizándose, entendemos que os seis equipos ciclistas existentes en Galicia nas categorías elite e sub-23 deben ter probas para competir na nos aterra e por iso asumimos o reto de seguir adiante con esta competición “.

 A primeira etapa da proba terá lugar o vindeiro venres, 4 de xuño, ás 14. Horas, con saída da rúa Castelao de Negreira e un percorrido de 133 kilómetros por Santa Comba, alto de O Castelo, alto de Entrecruces, Portomouro, alto do Vento, alto de Mourentáns e Negreira, tendo prevista a chegada entre as 17.20 e as 17. 50 horas.

  Esta xornada, a xuízo de Xesús Blanco Villar , director do Xacobeo Galicia, vai ser “ dura e movida, con tres portos de terceira e un de segunda, e ten una trampa final no alto de Mourentáns que pode ser decisivo para decidir o primeiro líder da competición “.

 O sábado, 5 de xuño, os ciclistas percorrerán  143 kilómetros de distancia nunha xornada que empezará as 14 horas na rúa Pepe Sánchez de Cee, para continuar por Os Muíños, Cee, alto de Paxareiras, Muros, Ézaro, Alto do Hospital, Dumbría e Cee, con chegada prevista entre as 17.30 e as 18.00 horas. Para o director técnico da proba, Guillermo Sande “será una etapa na que o vento pode influír no percurso que, orográficamente, responde o estereotipo típico galego con constantes estradas das chamadas quebrapernas”.

   Por último, o domingo 6 de xuño, os ciclistas cubrirán a última etapa con principio na avenida da Grabanxa en Sigüeiro as 10.00 horas e continuar por Santiago, San Marcos, Labacolla, Sigüeiro, alto de Fonte Santaia, Ponte Carreira, Ponte da castro, Alto de Boimorto, Arzúa, alto de Bosende, Xanceda, Ordes e Sigüeiro totalizando 133 kilómetros e tendo prevista a chegada a liña de meta entre as 13.20 e as 13.50 horas.

 EQUIPOS PARTICIPANTES
-C.C.CAMBRE-CAEIRO
-C.C.PADRONES-ALUMINIOS CORTIZO
-C.C.CIDADE DE LUGO.-ARTESANIA DE GALICIA
-C.C.VIGUES-CHINT-AUTRONIC
-G.D.SUPERMERCADOS FROIZ
-C.C.SPOL-CAIXANOVA
-ANDALUCIA-CAJASUR
-VALENCIA TERRA I MAR
-AZYSA-CONOR (NAVARRA)
-BIDELAN-KIROLGI (GUIPUZCOA)
-CIUDAD DE OVIEDO
-CAJA RURAL (NAVARRA)
-EXTREMADURA-SPIUK
-LIBERTY SEGUROS (PORTUGAL)
-MAIA (PORTUGAL)

-RESUMEN DA PROBA
-105 CICLISTAS
-15 EQUIPOS
-6 METAS VOANTES
-9 PORTOS DE MONTAÑA , 4 DE 2ª E 5 DE 3ª
-TOTAL PREMIOS…8.135 EUROS

EL EXTREMADURA SPIUK RECUPERA A SALGUEIRO

EL CORREDOR REAPARECE EN VUELTA A CORUÑA

El Extremadura Spiuk acude a disputar la Vuelta A Coruña los próximos días 4, 5 y 6 de Junio. El equipo regresa a tierras gallegas con la ilusión de recuperar a Enrique Salgueiro, lesionado desde el pasado 10 de Abril. El corredor se muestra contento y con muchas ganas de volver a correr aunque sabe que le toca sufrir hasta coger forma.

El equipo compite en la Vuelta A Coruña con Enrique Salgueiro, Israel Pérez, Antonio Olmo, Víctor M. Holgado, Alberto Sánchez, Daniel García y Santiago Corchero.

Los objetivos del equipo en esta vuelta pasan necesariamente por “Isra” y Olmo, que afinaran su forma para Circuito Montañés intentando “cazar” alguna etapa.

 

            En Zafra a 2 de Junio de 2010

            Departamento de Prensa

 

A IX-VOLTA CICLISTA A PROVINCIA DE A CORUÑA SERA PRESENTADA O MERCORES 2 DE XUÑO

A Federación Galega de Ciclismo e a Diputación de A Coruña realizarán o acto de presentación da IX Volta Ciclista á Provincia de A Coruña o vindeiro mércores, 2 de xuño na sala de prensa, situada na sexta planta, da Diputación Provincial ás 12 da maña.

No acto estarán presentes o presidente da Deputación de A Coruña, don Salvador Fernández Moreda e o presidente da Federación Galega de Ciclismo e desvelarán os percorridos e equipos participantes nunha proba que terá lugar entre os días 4 e 6 de xuño e que terá como centros de importancia os concellos de Negreira, Cee e Oroso